Rianxo, 10 de maio de 2010. O domingo 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celébrase na praza de Campos de Pazos, en Taragoña, a Festa da Língua. Os actos comezan ás sete da tarde. O prato forte será un recital poético con poetas como Xabier Xil Xardón, un dos últimos premiados co "Eusebio Lorenzo Baleirón" (Cando menos, a derrota); o recentemente nomeado membro do Patronato da Fundación "Rosalía de Castro", o dodrense Anxo Angueira e Xoán Montero.
Tamén haberá xogos tradicionais para todos os públicos e unha especie de serán no que se convida a participar aos músicos dos arredores con instrumentos tradicionais. Tamén está prevista a actuación de Recambios Tucho, chegados directamente de Santa Eugenia de Juisconsin (http://www.myspace.com/recambiostucho) e Banda da Balbina, gañadores de A polo ghit co tema que lles deixamos a continuación:
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario