10.5.10

Ribeira: a carreira popular 'Virxe da Guía' ten lugar o Día das Letras Galegas, 17 de maio

Na presentación da proba anunciouse que estará dedicada ao ribeirense José Antonio Nespereira, cunha excelente traxectoria deportiva no atletismo


O ano pasado foi unha proba mollada. A ver que depara o tempo nesta sexta edición

Dan como principal favorito ao corredor marroquí Hassan Lekhhili

Ribeira, 10 de maio de 2010.- A sétima edición da Carreira Popular Virxe da Guía  estará dedicada ao ribeirense José Antonio Nespereira. Así o anunciou esta mañá Abraham Benítez, organizador do evento xunto co Concello de Ribeira, durante a presentación desta proba valedoira para Terceiro Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira. Abraham Benítez (quen estivo acompañado na presentación do edil municipal de Deportes Miguel Ángel Vidal e da colaboradora Belén Callón), resaltou a excelente traxectoria deportiva do homenaxeado, que inclúe o campionato galego de cross e o subcampionato por equipos.

 

Como xa é tradicional, o certame disputarase o Día das Letras Galegas (luns 17 de maio). Dará comezo sobre ás 10.45 horas e constará dun percorrido sobre asfalto de 5.200 metros que o propio Benítez cualificou de “bastante duro e no que predominan as subidas”. Como é lóxico, os participantes máis pequenos deberán correr distancias máis curtas: 75 metros no caso dos pitufos; 600 metros, os de 6 a 8 anos, e 1.500 metros, os de 9 a 12.

 

100 euros por rebaixar o récord

Unha das grandes novidades, informou Miguel Ángel Vidal, é un premio especial de 100 euros que se concederá a quen logre rebaixar o record da carreira, tanto en categoría masculina (15’42’’) como feminina (18’17’’).

 

Abraham Benítez declarou que o marroquí Hassan Lekhili (vixente gañador da medio maratón Vig-Bay de Vigo) é o gran favorito para levarse o título en categoría absoluta masculina e, de feito, acode ao evento co obxectivo de rebaixar o record. Outros corredores con grandes posibilidades de entrar no podio son Rubén Caamaño e o atleta local Ramón Folgar. En canto a categoría feminina, Benítez Sobrido destacou a Yolanda Gutiérrez.

 

Os menores de 12 anos non clasificarán nin recibirán trofeo, pero si que optarán ao sorteo dunha bicicleta. O prazo para inscribirse remata este xoves ás 20 horas.


Máis información e inscricións:


www.carreira.info.

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical