Boiro, 10 de maio de 2010. O artista inclasificable Serafín Marcos estará este martes 11 de maio no instituto boirense da Espiñeira para ofrecerlles aos estudantes a súa representación de "Chove para que eu soñe", baseada na obra poética de Uxío Novoneyra, o autor ao que este ano se adican os numerosos actos das Letras Galegas. Segundo explica el mesmo, "involúcrase activamente aos alumnos". Xa nos tarda velo. Nós quedamos prendados de Marcos cando o vimos actuar por primeira vez (a nosa, non a del) nunha entrega dos premios Historia Medieval de Galiza, en Porto do Son:
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario