Muros, 10 de maio de 2010. O pasado domingo, 9 de maio, tivo lugar en Muros un acto do BNG sobre a “crise económica”. Neste acto tomaron a palabra entre outros o Alcalde de Muros, Domingos Dosil, que se referiu á situación de precariedade económica e de emprego pola que está a pasar neste momento a bisbarra de Muros e Noia, sobre todo o concello de Muros, O político culpou desta crise ás políticas neoliberais do actual sistema económico, que foron impulsadas desde hai algúns anos -sempre segundo Domingos Dosil- polo Partido Popular co beneplácito do PSOE. Fixo referencia tamén á promesa do PP pouco antes de chegar ao goberno da Xunta de Galicia, que dicía que acabaría co paro nos primeiros cen días de goberno, "mais a realidade é que desde que o Partido Popular accedeu ao goberno da Xunta o paro na nosa comarca subiu o 7%", aclarou. O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, durante a sua intervención debullou as propostas do BNG para a saída da actual crise. Afirmou que a saída á crise debe pasar por políticas transformadoras e "non voltar ás políticas neoliberais e da dereita". Entre as receitas do Bng para fuxir da crise, Aymerich citou:
- Política de gasto público ao servizo do estímulo económico e a criación de emprego.
- Reforma fiscal progresiva baseada no principio de que paguen máis aqueles que máis teñen.
- Reforma do sistema financeiro para restaurar o fluxo do crédito a particulares e empresas. A Lei de Caixas.
- Impulso á produtividade e investimento en I+D.
- Protección da estabilidade e a garantía de emprego.
- Garantia do sistema público de pensións.
- Apoio aos sectores económicos estratéxicos para crear emprego.
- Garantía dos servizos públicos básicos.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario