- Xesús Vázquez Abad visitou hoxe a Escola Infantil Fernández Varela e o CEP Pilar Maestu Sierra
- A Consellería leva invertido preto de 380.000 euros na mellora dos centros educativos do concello no que vai de lexislatura
Compromiso co concelloCon esta visita -sempre segundo nota da Xunta- a Consellería reafirma o seu compromiso coa Pobra do Caramiñal. Dende os comezos da lexislatura, o departamento de Xesús Vázquez Abad leva invertidos preto de 380.000 euros na mellora e acondicionamento dos centros de ensino públicos deste concello barbanzano. Aproveitou a ocasión para agradecer o esforzo do profesorado galego, sen o cal sería imposible acadar bos resultados no ámbito educacional, aspirar a excelencia e permanente mellora do sistema educativo para dar a mellor formación posible ao conxunto do alumnado de Galicia e garantir o futuro de todos.
Cinco centros de Barbanza no Proxecto AbalarDoutra banda, o conselleiro lembrou a participación dos centros da comarca do Barbanza nos proxectos máis novidosos da Consellería. De feito, outro dos centros de ensino do concello, o IES da Pobra do Caramiñal, forma parte do Proxecto Abalar. En total son 5 os centros de ensino da comarca integrados nesta iniciativa posta en marcha coa finalidade de lograr a plena integración do sistema educativo galego na nova realidade tecnolóxica. O vindeiro curso, e por levaren integrados no proxecto desde o 2010/2011, estes centros duplicarán as súas aulas Abalar para continuar co desenvolvemento do proxecto nos cursos implicados. Cómpre ademais lembrar a incorporación o vindeiro curso académico á Rede de Centros Plurilingües de 3 centros de ensino da comarca do Barbanza. Estes centros uniranse ao CEIP O Grupo, de Ribeira, que se integrou nesta iniciativa o pasado curso, e que este ano estenderá as súas accións a 1º e 2º de primaria. Nin unha palabra sobre o conflito no IES Coroso de Ribeira.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario