O Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son manifestou de novo o seu rexeitamento "ás actuacións que o goberno bipartito do PSOE e BNG fixeron durante os derradeiros dezaoito meses desta lexislatura que chega ao seu fin. Na mañá de hoxe celebrouse o derradeiro Pleno Municipal sonense presidido polo goberno do PSOE e BNG na que se trataron a aprobación dos dous últimos Borradores de Actas correspondentes ós Plenos Extraordinarios do 19 de Maio de 2011 e do pasado Luns 6 de Xuño de 2011. A polémica xurdiu a raíz de que os Grupos Políticos Municipais con representación no Pleno da Corporación (PP,AVS e IPS) non recibiron a documentación correspondente do Borrador da Acta do Pleno do pasado Luns 6 de Xuño do presente que foi tratado. Parece incrible que se utilicen este tipo de artimañas ás alturas de final da lexislatura co gallo de que a oposición non poida ter coñecemento e facer as súas respectivas observacións respecto do que se aprobou".
O Grupo Municipal Popular, encabezado polo seu portavoz, Manuel Tomé Piñeiro, pediu as explicacións oportunas ó bigoberno de Xoán Pastor e Ánxela Franco "sen estes dar ningún tipo de resposta clara e concisa".
Liortas internas xa no PP?
O anecdótico da votación foi que a concelleira Asunción Torres Parada e actual Presidenta da Xestora Local do PP rompeu a disciplina do sentido do voto desta formación e votou en contra argumentando, "con bo criterio", din nembargantes os populares, non aprobala ao non coñecer o seu contido ningún dos membros do equipo conservador. A este derradeiro pleno extraordinario soamente asistiron os concelleiros populares Manuel Tomé, María Jesús Paz,, José Martínez Calvo e Asunción Torres Parada: os restantes "nin deron coñecemento da súa ausencia" (sic).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario