15.2.08

Noraboa ao mestre

(Anaco dunha entrevista en Galicia Hoxe)

Non está o xornalismo a contribuír a inutilizar á sociedade, como cómplice do sistema neoliberal? Ou, como di Pascual Serrano, a fundación do mítico diario en liña Rebelion.org: Existe un xornalismo pendente que o mercado non permite.

Ben , o que hai é unhas fórmulas dominantes dentro deste escenario do mercado que, efectivamente, son os que definen os modelos dominantes na sociedade actual. Pero creo que non podemos xeralizar porque hai iniciativas, que poden ter máis ou menos incidencia, pero que son moi meritorias e nos demostran que hai fórmulas, posibilidades e opcións de facer un xornalismo diferente. É dicir, que un outro xornalismo é posíbel, e que hai quen o fai.


Quen o fai?

Non me gustaría sinalar, pero creo que hai persoas e medios de referencia no ámbito internacional. Por exemplo, unha experiencia que ten o New Yorker de verificación de fontes, que é moi interesante; a experiencia en política internacional de Le Monde Diplomatique, moi sólida. Cara aí podemos mirar. E o resto é unha loita constante por conseguir produtos de maior calidade.


Pois xa que cita "Le Monde Diplomatique", hai un símil moi visual ideado polo seu director, Ramonet, que compara os xornalistas de hoxe cos obreiros da cadea de construción do filme "Tempos Modernos", de Chaplin. É dicir, equipáraos con simples montadores de pezas.

Efectivamente hai xornalistas que son simples montadores de pezas, pero tamén hai xornalistas que queren pensar e contar.

Se cadra son as empresas as que non llelo permiten?

Seguramente en moitos casos é así, pero temos aí o desafío de crear marcos aceptábeis para levar a cabo ese periodismo que moitos desexamos. Os medios públicos deben ser bandeira e modelo disto.Vostede e o seu equipo do Grupo Novos Medios, están a investigar a prol desta evoluciónNós temos un grupo de investigación na universidade con varias liñas de traballo, desde xornalismo de crise até comunicación corporativa ou o ciberxornalismo e a radio dixital. No que máis participamos no ámbito internacional é no ciberxornalismo, o xornalismo que se fai na rede. Buscamos fórmulas dun xornalismo de maior profundidade que aplique as características dos cibermedios.
Novas



Xosé López acaba de acadar a primeira cátedra de Xornalismo da Universiade de Santiago. Noraboa a este mestre de xornalistas (algún nesta redacción foi alumno e traballou con el)

Blogged with Flock

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical