- Nove actuacións con 145 pequenas actrices e actores
Ribeira, 6 de xuño 2012.- Un total de 145 pequenos actores e actrices van a participar no transcurso da vindeira semana na 15ª Mostra de Teatro Infantil de Ribeira: unha iniciativa adscrita ao Xuño da Cultura e as Artes que terá lugar entre os días 11 e 15 de xuño e na que se darán cita nove representacións.
A concelleira Elvira Pisos, acompañada do director do Grupo de Grupo Municipal Infantil de Teatro, Segundo Chiki Durán, e do técnico municipal Unai González, foron os encargados de ofrecer os detalles desta nova acción organizada dende o Departamento de Cultura, en colaboración con distintos colexios e ANPAs do municipio e coa Asociación Alfaia.
Unha das novidades desta edición é a participación dun conxunto dramático foráneo –o grupo infantil de teatro da Sociedad Liceo Pueblense- como resposta á deferencia mantida previamente pola entidade do concello veciño ao convidar ao grupo de teatro riveirense na súa mostra infantil.
Como xa é tradicional, o programa finalizará co desenvolvemento o último día dunha única función, a do Grupo Municipal de Teatro Infantil de Riveira, e a continuación celebrarase un acto de clausura.
O calendario estará composto do seguinte xeiro:
Luns 11
- Grupo do ANPA do CEIP de Palmeira: “A consulta da doutora cataplasma (12 actores e actrices)
- Grupo do Colexio A Milagrosa de Oleiros: “408” (13 actores e actrices)
Martes 12
- Grupo do Colexio Bayón: “O dinosaurio Belisario” (25 actores e actrices)
- Grupo do Colexio Galaxia: “O heroe tolo” (17 actores e actrices)
Mércores 13
- Grupo ANPA do Colexio Bayón: “O Samhaín” (27 actores e actrices)
- Grupo infantil de teatro do Liceo Pueblense: “Contos revoltos” (17 actores e actrices)
Xoves 14
- Grupo do ANPA do Colexio Galaxia: “A raíña lambona” (8 actores e actrices)
- Obradoiro de teatro do CEIP O Grupo: “II Feira das ideas e dos inventos” (16 actores e actrices)
Venres 15
- Grupo Municipal Infantil de Teatro de Riveira: “Vaia maraña” (10 actrices).
Chiki Durán resaltou a colaboración de dúas compoñentes do Grupo Municipal de Teatro: Carmen Peña Otero e Celia García Pillado, pola axuda brindada na confección desta iniciativa.
Todos os días a mostra comezará ás 20 horas no Auditorio Municipal. A entrada é libre e gratuíta ata encher aforo.
Pode que tamén lle interese:
Charlas en Ribeira: os mércores de xuño, bebés felices
Curso o 14 de xuño: no Liceo, sobre preñez e adolescencia
Cultura: "Patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son" Nova edición ampliada e a cor
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario