- A partir das 17 horas no campo de herba artificial da Fieiteira comeza esta proba oficial de cánidos
- Varios dos exemplares que se verán xa foron premiados no último certame estatal celebrado no Ifema de Madrid
Ribeira, 7 de xuño 2012.- Uns 30 cans cos seus guías van disputar este sábado unha proba oficial puntuable para o Campionato de España de Agility: deporte que consiste en que os cánidos participantes, conducidos polos seus guías, teñen que superar diversos obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade. Así o explicou hoxe o concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez, quen recordou que con esta acción se pon fin ao novo programa Encanínate (organizado polo Concello xunto coas Asociacións As Miñoteiras, Sálvora e Agacett) ademais de formar parte do extenso calendario do Xuño da Cultura e as Artes. A cita, de acceso libre e gratuíto, terá lugar entre as 17 e as 19 horas no campo de herba sintética de A Fieiteira. Entre as razas que se poderán observar durante a proba figuran a border collie, o pastor belga malinois ou o american staffordshire terrier. Cabe destacar tamén a presenza de varios exemplares pertencentes ao Club Tercans de Moaña que son campións nacionais, caso dos que obtiveron o Trofeo Interclubs de Cans Pequenos da Real Sociedad Canina de España que se celebrou o pasado maio no recinto IFEMA de Madrid, ou os galardoados en 2010 en Talavera de la Reina. Juan Luis Martínez explicou tamén que se van repartir, por cortesía de Royal Canin e Tandem Alborés, ata 3.000 invitacións entre os nenos e nenas dos colexios do municipio, se ben todos os veciños están convidados a estra fermosa cita.
A austeridade levou a Savonarola á fogueira. E por un valenciano que foi Papa! Manuel Venator en "Hogueras de vanidad" certo.es/index.php?page…
— Certo (@Certo) June 7, 2012
Ribeira: a escola infantil terá as 74 prazas máis a finais deste ano, asegura a Xunta post.ly/7foA3
— Certo (@Certo) June 7, 2012
Adiantamos o "Venres caníbal": Que queren de nós? Volta a preguntar Tamara, que tivo unha revelación nun sono.certo.es/index.php?page… O_0
— Certo (@Certo) June 7, 2012
30º aniversario Ámbar: Festival Solidarios con Quico Cadaval, Tonhito de Poi, Roi Casal, Sonia Lebedynski e +. Venres 8 iesleliadoura.blogspot.com/2012/06/30-ani…
— Certo (@Certo) June 7, 2012
Lobos decapitados blogueiros.axena.org/2012/06/07/ase… Isto cheira cada día máis ao mortiso! Hai moitos émulos dos Borbóns cazadores por Barbanza!
— Certo (@Certo) June 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario