7.6.12

Boiro: Aturuxo e Concello achegan posturas para que non se peche o local cultural

  • Convocan a soci@s e simpatizantes a unha reunión no local este sábado 9 ás oito da tarde

Séchu Sende presentando un libro en Aturuxo

Boiro, 7 de xuño de 2012. A Asociación Cultural Aturuxo amosa nunha nota de prensa o seu "moderado optimismo" tralo ocorrido esta mañá na reunión entre o alcalde de Boiro e catro soci@s deste colectivo cultural.

A reunión deste xoves foi no Concello de Boiro, entre o alcalde, Juan José Dieste, o Concelleiro de Urbanismo, Fernando García Diéguez e catro soci@s de Aturuxo. A reunión, que durou máis dunha hora, na que se intercambiaron pareceres sobre o problema que nos ocupa, "entendemos que resultou productiva", sinalan dende Aturuxo. "Despois de achegar
posturas, chegouse a un principio de acordo para posibilitar a continuidade do local social
na dirección que hoxe ocupa: Rúa Principal nº118 Boiro. Polo que desde a Asociación Cultural Aturuxo queremos transmitir unha mensaxe de moderado optimismo, agardando que os acordos aos que hoxe chegamos se poidan facer efectivos o antes posible: niso confiamos plenamente", argumentan os activistas culturais.


Local de Aturuxo na rúa Principal de Boiro

"Como vimos decindo desde o inicio deste expediente, entendemos que nen Boiro, nen a
comarca da Barbanza se poden permitir perder un sitio de encontro e cultura, onde se realizan multitude de actividades nas que participan centos de veciños e veciñas. Reiteramos o noso agradecemento ás case 700 persoas que asinaron para que ATURUXO
non pechara, ás bandas, actrices, actores, e a veciñanza en xeral o inmenso apoio que
recibimos nestas semanas. Por último, só queremos transladar que as portas de ATURUXO seguen abertas a tod@s @s que queiran facer traballo pola cultura popular, pola lingua e cultura galegas, que queiran xuntarse e aprender xuntas. Aturuxo continuará traballando con máis forza ca nunca, ofrecendo unha alternativa a esta sociedade de consumo que nos pretenden impor. Convocamos a tod@s @s interesad@s á asemblea xeral que se celebrará no local este sábado 9 de Xuño ás 20.00, porque:
ATURUXO SOMOS TOD@S!
ATURUXO NON SE PECHA!", rematan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical