Ribeira, 7 de xuño de 2012. A Asociación de Veciños de Carreira vén de organizar unha nova viaxe na que misturaron aspectos lúdicos e culturais. Así, coñeceron tanto o Castelo de Soutomaior como os seus extensos xardíns nos que disfrutaron coa variedade de especies de camelias que a Deputación de Pontevedra cultiva neles.
Despois de comer en Porriño, -vila na que contemplaron obras do arquitecto local Antonio Palacios, salientando entre os visitantes o espectacular diseño da Casa do Concello-, desprazáronse a Vilasobroso para visitar o seu monumento máis coñecido, o Castelo de Sobroso. Posteriormente, a comitiva desplazouse a Mondariz-Balneario, onde se relaxaron no Palacio del Agua, despois de pasear pola vila e polas beiras do río Tea.
Próxima viaxe, a Vigo
Os máis de 50 excursionistas quedaron de novo encantados coa actividade programada pola asociación que preside Marivén Sampedro, que xa está deseñando a vindeira excursión que posiblemente achegue, a mediados do mes de xuño, ós viaxeiros carreirenses a terras próximas á “cidade olívica”, onde teñen previsto visitar o Templo Votivo do Mar, a exposición Dinousarios Park así como o Vigo Zoo.
Venres 8: concerto de Spinal Wins e Inllorfeis
Sábado 9: "Conecta", para a mocidade emprendedora
Ribeira: este sábado 9 compiten arredor de trinta cans para o campionato de Agility de España post.ly/7foSr
— Certo (@Certo) June 7, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario