23.8.12

Ribeira: roteiro de museos e ximcana de neurociencia para escolares

Ribeira, 23 de agosto de 2012.- Hoxe a edil de Cultura Elvira Pisos e o concelleiro de Turismo Anxo Orellán entregaron uns agasallos a preto de 50 rapaces que participaron nunha ruta polos museos de Ribeira integrada na VII Xornada de Sensibilización á Poboación Infantil e organizada dentro do programa Verán Cultural.

Os presentes estaban compostos por dous póster, diversos folletos informativos sobre o noso entorno, unha guía básica das árbores, un bolígrafo e un paquetiño con sementes para plantar. O mes pasado organizouse unha ruta por muíños e agora os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer os diferentes museos do Concello, visitando o Centro de Interpretación e Parque de San Roque, o Museo do Gravado de Artes e o Museo Etnográfico de Artes.

Ademais fixeron diversos xogos, unha pequena ruta de sendeirismo, actividades predeportivas e animación, xa que segundo salientou Elvira Pisos, “a mellor forma de aprender é xogando”.

Ximcana de neurociencia e sensibilización sobre doazón de órganos e sangue

Por outra banda, a mesma Concellería de Cultura e Festexos, organiza, dentro da programación do VERÁN CULTURAL 2012 e nos obradoiros Verán Rechinán de Aguiño e Xoga con Nós de Riveira (CEIP Frións), coordinados polo Técnico de Cultura, Unai González Suárez, unha xincana sobre a neurociencia e a sensibilización sobre a doazón de órganos e sangue.

A iniciativa  persegue sensibilizar aos participantes (nenos e nenas de 2 a 7 anos) da importancia da saúde, da sanidade e da solidariedade na doación de órganos e sangue que salvan millerios de vidas diariamente en todo o mundo, estando Galicia e España á cabeza internacional deste tipo de doazóns.

A actividade levarase a cabo coma sempre, de xeito lúdico con animación e divertimento adaptado aos distintos grupos de idade participantes nos obradoiros (25 nenos/as en Aguiño e 130 nenos/as en Frións).

Levaranse a cabo 5 estacións nas que se traballaran os 5 sentidos: olfacto, oído, tacto, gusto e vista.

Na primeira deberán identificar olores cos ollos tapados, na vista deberan facer carreiras para coller as siluetas que se lle sinalen dunha caixa. No gusto, deberán probar diferentes sabores, igual que  no olfacto, nun saboreando e noutro arrecendo. No oído, farán un bingo de sons animais cotiáns.

A xincana comezará  as 1:00 h no CEIP Frións para os obradoiros Xoga con Nós. En Aguiño, comezará ás 10:00; pararán ás 11:00 h e retomarán as 11:30 h ata rematar.

Ao final da ximcana tanto en Frions como en Aguiño, farán un pin (insignia para colgar no peito, tipo chapiña), coa mascota da doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, que se chama “Pinga” é é unha gota de sangue animada. Ao mesmo tempo que realizan esta manualidade explicaráselles a importancia da doazón de sangue e órganos, indicando que España é pais punteiro (incluso agora mesmo, o número un) como doador. En caso de que chova, a actividade trasladarase a un día da vindeira semana.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical