- É o patrón dos automobilistas -daí a beizón de vehículos- e de varios oficios
- Hai diversas historias deste santo, a maior parte delas copiadas de lendas pagás antiquísimas, da zona de Exipto (de África, non de Boiro)
Ribeira, 22 de agosto de 2012.- Este domingo, 26 de agosto, o San Cristovo volverá a percorrer as rúas do municipio tras pasar 40 anos dende a última celebración do seu día.
A edil de Cultura, Elvira Pisos, o edil de Seguridade e mobilidade cidadá, Víctor Reiriz, presentou hoxe o acto, que está coorganizado polo Concello e a Asociación Alfaia, xunto con as representantes da organización Puri Cores e Mª José Carreira.
A iniciativa xurdiu pola demanda dos veciños, polo que Puri Cores animounos a “que colaboren coa celebración pendurando bandeiras de España nos balcóns e ventás das casas por onde vaia a pasar a procesión”.
Pola súa parte, Mª José Carreira pediu que se unisen ao acto tódolos transportistas de Ribeira, xa que San Cristovo é o seu patrón. Ademais, salientou o feito de que “nesta edición os actos litúrxicos estarán dedicados ós falecidos por accidente de tráfico durante estes últimos 40 anos”.
Programa
O horario dos actos que se levarán a cabo no día de San Cristovo é:
10 horas – Ruada co grupo de gaitas “A Gandaina de Palmeira”
12 horas – Concentración de vehículos no Malecón, para súa Bendición.
12.30 horas – Misa Solemne na Honra de San Cristovo, na igrexa de Santa Uxía, cantada pola “Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira”, dirixida por Antonio Fernández. Posterior procesión acompañada polo grupo de gaitas “A Gandaina de Palmeira”, con saída do Adro da Igrexa, Rúa de Galicia, Paseo do Malecón, Avda. García Bayón, Cruce de Padín, Rúa da Barreira, Avda. Miguel Rodríguez Bautista, Rúa Rosalía de Castro e Praza de Otero Goyanes (igrexa).
Lenda do San Cristovo
Teñen unha entrada moi completa na Wikipedia, aquí
Manuel Venator fala en "Soldaditos de papel" da recente sentenza a un maltratator condecorado en Afganistán certo.es/index.php?page… En fin... Ribeira: ata o 27 de agosto para inscribirse na X Andaina Popular do 1 de setembro post.ly/8wt6k Ribeira: o xoves 23, o gaiteiro Henrique Otero actúa no Ateneo Valle-Inclán ás seis da tarde post.ly/8wsZf
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario