O edificio non se corresponde coa información Boiro, 22 de agosto de 2012. A plataforma Stop Desahucios do Barbanza vén de anunciar hoxe que nos vindeiros días vai presentar un escrito ante o Xulgado de 1ª Instancia de Ribeira para que se paralice a poxa dunha vivenda que, de non ocorrer doutro xeito, terá lugar o vindeiro 4 de outubro. O procedemento de execución hipotecaria foi iniciado en 2009, por parte da agora desaparecida Caixa Galicia. Segundo explican dende a plataforma, este expediente é "un tanto anómalo toda vez que no seu momento o titular do préstamo hipotecario quixo, de xeito voluntario, ingresar unha cantidade de cartos na conta corrente para poder facer fronte ás cotas atrasadas do préstamo e o director daquela sucursal non llo permitiu, segundo consta nunha acta de requeremento notarial". A familia boirense á que se pretende desafiuzar ten catro membros, dos cales só un obtén ingresos económicos para a unidade familiar. A plataforma "Stop Desahucios" está en contacto permanente e en negociacións cos máximos responsables da entidade financieira -hoxe o NovaGalicia Banco- para chegar a un acordo satisfactorio para ambas partes e evitar que siga o procedemento xudicial de execución hipotecaria e, porén, o desaloxo desta humilde familia barbanzana.
Antes, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario