Noia, 22 de agosto de 2012. Mañá, xoves, 23 de agosto, terá lugar a presentación do poemario "Latexos", con composicións do autor estradense José Fernández da Ponte, en galego e castelán.
Será ás doce da mañá na casa da cultura "Avilés de Taramancos" e todos os asistentes obterán un exemplar do poemario.
Quen era Xosé Fernández da Ponte?
(Foto do escritor e biografía tirada de "As nosas letras")
Que relación ten con Noia? Un dos fillos de Xosé Fdez Da Ponte é Gustavo Fernández Da Ponte, o principal impulsor da reedición deste poemario como homenaxe a seu pai. Percorreu todos os lugares onde traballou seu pai e recompilou os poemas que agora están editados coa axuda do Concello de Noia. Gustavo Fernández vive en Bergondo, onde foi mestre durante moitos anos no colexio Felipe de Castro. Estará na presentación do libro, acompañado polo concelleiro de Cultura, Javier Rodríguez Vieites; polo profesor e escritor X. Amancio Liñares Giraut e por outro irmán seu, Baltasar Fernández da Ponte. O acto terá unha clausura musical a cargo do grupo Saxtunes, logo do cal se agasallará aos asistentes cun exemplar de "Latexos".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario