19.1.12

Ribeira: presentado avance do plan xeral de ordenación municipal aos grupos políticos do pleno

Media_httpfarm4static_legkd

Ribeira, 19 de xaneiro de 2011.- O Concello reuniu antonte a todos os grupos políticos da Corporación para presentar o Documento de Inicio e Avance do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O equipo redactor presentou ante os representantes dos grupos do Concello o “documento de inicio medioambiental e avance”, primeiro documento do plan xeral que se remitirá nestes días á Xunta de Galicia para a súa tramitación. O documento ten un alto contido informativo e de análise do territorio, e derivado do mesmo, unha primeira aproximación á clasificación urbanística do solo. 

Na reunión amosáronse os obxectivos e criterios propostos para o novo planeamento de Riveira, con especial incidencia nos aspectos potenciadores dos valores naturais do Concello e do seu medio físico, cara a actividades turísticas, económicas e de explotación dos recursos naturais do Concello. 

Os obxectivos prioritarios para o Concello, e compartidos por todos os grupos que conforman a corporación municipal, son a protección e posta en valor da “Ribeira Natural” na vertente atlántica do Concello, e a ordenación urbana do franxa litoral da ría de Arousa.  

Nesta franxa litoral da “Ribeira Urbana”, a máis poboada, preténdese a súa mellora con operacións de reforma interior para a obtención de solos para usos públicos que poñan en valor o xa construído e que completen e melloren o existente. 

A resolución dos problemas de mobilidade, infraestruturais e novas áreas axeitadas ao uso industrial, as cales non interfiran paisaxística no territorio nin funcionalmente co núcleo urbano, son outros dos obxectivos marcados pola corporación municipal e contidos neste documento urbanístico. 

O novo Plan Xeral pretende dar seguridade xurídica a todos os cidadáns e operadores que queiran facer usos do solo en Ribeira, ao adaptarse a toda as novas normativas urbanísticas e medioambientais dos últimos anos.  

Así mesmo, o Plan Xeral será un elemento dinamizador da actividade económica do Concello.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical