19.1.12

Música: volven arrexuntarse Heredeiros da Crus, a banda nada en Castiñeiras, Ribeira, hai 20 anos

Herdeiros

  • O sábado 3 de marzo, primeiro concerto en Ordes
Ribeira, 19 de xaneiro de 2012. O grupo de rock Heredeiros da Crus anunciou o seu regreso á escena musical, despois da súa retirada dos escenarios en 2005. Será o día 3 de marzo na discoteca LP45, en Ordes, e conmemorará os 20 anos de nacemento da banda en Castiñeiras (Ribeira). Os Heredeiros foron un importante grupo de rock dos anos 90 famoso pola súa participación no Xabarín Club e polo seu estilo: temas provocadores cantados na variante dialectal das Rías Baixas -o barbanzón, que chamamos en Certo-. O concerto será o principio dunha xira, durará máis de dúas horas e "con sección de metais, coros e piano incluído".

Traxetoria

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbume que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' ou 'O fillo de José'. Beni, alias 'o fillo de Ampartio' era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias 'Trelles' (no disco Chicarrón) e Manu para a xira de 2012.

Media_httpfarm3static_gnvif

Tonhito de Poi tamén fixo a súa carreira particular, agora en Rasa Loba

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, un movemento que moitos bautizaron como rock bravú e do que son herdeiros moitos dos grupos galegos contemporáneos.

Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club --o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura --, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!,  con temas emblemáticos como 'O teu fillo fuma porros', a melancólica 'A chaqueta de lana' ou 'Frenaso no calsonsillo', unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical