Entre as accións en "Riveira Atlántica 2015" está a recuperación da aldea da illa de Sálvora Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Concello informa que adxudicou no día de hoxe os servizos de asistencia técnica para o impulso, apoio e xestión das accións incluídas no proxecto "Riveira Atlántica 2015", que está cofinanciado nun 75% por fondos Feder, dentro do eixo 5 de desenvolvemento sostible local e urbano.
A adxudicación recaeu na empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom S.A. por un prezo total de 203.904 euros. O contrato estenderase ata o 31 de decembro de 2013.
Cabe recordar que este ambicioso plan está presupostado en 7.208.597,03 euros e ten como principal obxectivo a dinamización turística do municipio baseándose na posta en valor dos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais, contribuíndo deste xeito ao crecemento do emprego e a diversificación da actividade económica. O proxecto abrangue un total de once actuacións en distintos espazos da cidade e das parroquias.
As once actuacións contempladas no marco do proxecto Riveira Atlántica son:
- Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
- Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Riveira
- Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.
- Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
- Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria
- Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
- Construción dun novo mercado municipal
- Creación dunha web turístico-patrimonial
- Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Riveira
- Plan de recuperación de núcleos tradicionais
- Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada.
Antes, en Certo:
Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario