O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o editor José Luis Teófilo Piñeiro foron os encargados de describir este volume no que se recollen preto de 200 fotografías da xeografía de Ribeira tomadas por Alberto Peiteavel. Pero antes houbo tempo para a música a través da actuación de Rosa Leiro acompañada ao piano por Juan Carlos Cambas, interpretando primeiramente os temas “Honra-la vida” e “Alma viaxeira.
A continuación tomou a palabra José Luis Teófilo manifestou que “Sempre Riveira” é un libro que fai un percorrido fotográfico e panorámico do municipio polas distintas horas do día, dende as oito da mañá ata as dez da noite, e “no que se poden contemplar ademais os distintos cores que ten esta fermosa vila mariñeira”. Teófilo Piñeiro referiuse tamén ás súas orixes ligadas á ría de Arousa (a súa nai era de Vilaxoán) e o seu contacto con Ribeira.
Despois de que Rosa Leiro agasallara ao público cun novo tema (“Sostesme ti”) Manuel Ruiz manifestou que este libro “fai honor á beleza natural que ten o noso concello” e destacou o colorido que ten a cidade nas imaxes tomadas por Alberto Peiteavel. “Creo que vivimos un lugar privilexiado e temos que agradecer a aqueles que queiran que o coñeza toda Galicia a xentileza de publicar un libro tan fermoso”, manifestou.
O acto finalizou cunha nova intervención musical: “Negra sombra”.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario