- Disque é o primeiro curso deste tipo que se imparte en Galicia
- Será do 8 ao 10 de novembro, dirixido a empresarios de turismo rural
- Só hai 20 prazas e o prazo para anotarse remata o 4 de novembro
O Real Patronato sobre a Discapacidade (http://www.rpd.es/), a través de Polibea Turismo (http://www.polibeaturismo.com/) en colaboración coa Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, organiza un curso de turismo accesible destinado a empresarios de turismo rural.
Ata o de agora este curso só se impartía nas Escolas Universitarias de Turismo de España. Este ano ampliaron o perfil de alumnos e pretenden dar formación ós empresarios de turismo rural, sendo este o primeiro curso destas características que imparten en Galicia.
O obxectivo deste é concienciar ós asistentes da necesidade dun modelo de xestión que contemple a accesibilidade como criterio de calidade e sensibilizar ó sector empresarial sobre a importancia do papel que representan como actores facilitadores da accesibilidade no destino.
As persoas interesadas que non cumpran perfil establecido (empresarios de ocio, restaurantes, axencias de viaxes, técnicos de turismo, estudantes, etc.) poden inscribirse na lista de espera e no caso de que queden prazas dispoñibles adxudicaranse igualmente por orde de inscrición ata completar o aforo.
Algúns datos:
Datas: 8, 9, 10 de novembro do 2011
Lugar de realización: edificio do Concello da Pobra do Caramiñal
c/ Gasset nº 28
15940 A Pobra do Caramiñal
Horario: 17. 00 h a 20.00 h
Nº de prazas: 20
O prazo de inscrición remata o venres 4/11/2011 e a adxudicación de prazas farase por orde de inscrición.
Todos os que estén interesados en inscribirse deberán enviar a correo@arousa-norte.es os seguintes datos:
Nome e apelidos
Empresa
Cargo na empresa
Dirección postal
Teléfono de contacto
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario