28.10.11

A Pobra: Francisco Jorquera, de xira preelectoral xunto a Rosana Pérez

  • O deputado do Bng dixo que "o problema do acordo da Unión Europea con Papúa Nueva Guinea que prexudica á conserva será un tema de primeira orde para o Bng na vindeira lexislatura"
  • Rosana Pérez lembrou que nesta comarca do Barbanza o sector conserveiro emprega a miles de persoas

  

A Pobra do Carmiñal, 28 de outubro de 2011. O cabeza de lista do BNG por A Coruña, Francisco Jorquera, deu unha rolda de prensa esta tarde en A Pobra do Caramiñal para chamar a atención sobre o problema do Acordo da UE con Papúa Nueva Guinea que está a prexudicar ao sector da conserva directamente, e indirectamente a moitos empregos de empresas relacionadas co sector conserveiro.  

A tamén candidata do BNG, Rosana Pérez, presentou o acto e explicou que o BNG está a manter unha serie de actos pre-electorais con diferentes sectores como esta tarde co sector da conserva. Engadiu que “na comarca este sector emprega a miles de persoas, e desde o ano 2009 polo Acordo de Partenariado UE-Papúa Nueva Guinea, que lle suprimiu os aranceis a produtos derivados do atún a este país, estáse a crear un grave problema ao noso sector”.  

O BNG xa levou este problema ao Congreso en diversas ocasións 

Jonquera puxo de manifesto que a conserva é moi importante na Galiza, “é a primeira potencia conservería na UE, e a terceira do mundo. Hai 67 empresas radicadas na Galiza, que dan traballo a máis de 12.000 traballadores”. Subliñou que o futuro da conserva está seriamente ameazado polo Acordo de Partenariado UE-Papúa Nueva Guinea, según o cal se exime de aranceis á conserva procedente dese pais asiático, e elimínanse as exixencias en orixe que si debe cumplir a conserva europea. Esta situación foi calificada por Jorquera de “clara competencia desleal xa que Papúa vende as conservas máis baratas”.  

Jorquera explicou que no seu momento se acadou o Acordo baixo o pretexto de contribuir ao desenvolvemento do pais asiático, máis “é un pretexto porque se están a instalar empresas que empreñan a  traballadores estranxeiros”. Lembrou a resposta de Durao Barroso a Anfaco, quen chegou a loubar o Acordo dicindo que traería novos investimentos en Papúa e chamou ás empresas do Estado español a deslocalizarse e ubicarse alí.  

O candidato do BNG sinalou que este problema que afecta á nosa conserva foi obxecto de tratamento por parte do BNG no Congreso en numerosas ocasións, mediante a presentación de diversas iniciativas, e incluso conseguimos a aprobación dunha resolución no marco do debate de Política Xeral deste ano, no que instamos ao Goberno central a demandar na UE que non se renovasen este aspeitos tan prexudiciais xa que o Acordo de Partenariado ten que se renovar en decembro próximo.  

Afirmou que o BNG está  plentamente comprometido con este problema e “na vindeira lexislatura continuaremos traballando e presentando iniciativas para evitar que se renove o acordo en decembro nos  temos nos que está na actualidade”. Engadiu que “para o BNG será un problema de primeira orde”.  

Tamén aludiu aos dados do paro de hoxe que “a nivel estatal bate récords aproximándose aos 5 millóns de parados, e en Galiza chega xa aos 225.000 desempregados”. Por iso, subliñou a importanza de defender os nosos sectores produtivos como a conserva afectados por problemas como o mencionado de Papúa Nueva Guinea.  

O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña e a candidata Rosana Pérez mantiveron a posteriori un encontro con representantes sindicais do sector da conserva en A Pobra do Caramiñal. 

Pode que tamén lle interese:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical