28.10.11

A Pobra: a homenaxe floral a Valle é este domingo 30 de outubro no Cantón da Leña


Imaxe da homenaxe do ano pasado, á que tamén asistiu o conselleiro de Cultura, Roberto Varela

A Pobra, 28 de outubro de 2011. No 75 aniversario do pasamento de Valle-Inclán e dentro da XIII edición das Xornadas de Homenaxe ao escritor, ten lugar unha vez máis unha homenaxe á súa persoa na praza do Cantón da Leña o domingo día 30 de outubro ás 12:30 h.

Previamente á homenaxe haberá unha recepción das autoridades convidadas no concello. O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras Rivas, estará acompañado nesta ocasión polo Conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, o presidente da Fundación Valle-Inclán, Xerardo Fernández Albor, o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro Durán, o Director Xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, , o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán Hermida, e como representante da familia do escritor, o seu neto Joaquín del Valle-Inclán. Ademais estarán presentes algúns dos integrantes da Asociación Amigos do Museo Valle-Inclán e a súa presidenta, Paola García Paz.

Para amenizar o acto contarase coa música do Grupo de Gaitas “Xiada” e o Grupo de Pandereteiras “Luminaria” da Pobra do Caramiñal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical