28.10.11

Noia: contan con aprobar definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal a finais de 2013

  • A comisión municipal de seguimento do PXOM aprobou as datas coas previsións do traballo pendente

Media_httpfarm5static_aebyg

Noia, 28 de outubro de 2011. Segundo informou o concelleiro de Urbanismo de Noia, o nacionalista Bieito González, a Comisión Municipal de Seguimento do PXOM aprobou na sesión de onte, día 27, un calendario coas previsións do traballo pendente, coa mirada posta na aprobación definitiva do documento urbanístico a finais do ano 2013.

Desta maneira establécese a primeira metade do ano 2012 para a entrega do Documento de Inicio, isto probablemente obrigará a incrementar o número de xuntas de traballo da Comisión de Seguimento (agora mesmo unha ao mes).

A aprobación inicial do Plan debería producirse na segunda metade do ano 2012, isto último sen concretar a data, pois vai depender do tempo no que a Consellería de Medio Ambiente emita os informes vinculantes (ten dous meses para facelo). Durante o que reste do ano 2012, tería lugar a exposición pública do mesmo, así como as consultas coas administracións sectoriais.

Unha vez recibida a totalidade dos informes das administracións sectoriais, elaboraríase o documento coa Memoria Ambiental que deberá remitirse á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. A entrega deste documento pode situarse na primeira metade de 2013.

Logo da emisión da Memoria Ambiental polo órgano administrativo correspondente, estaríase en disposición de proceder á aprobación provisional do Plan, cuestión esta que podería producirse na segunda metade do ano 2013.

"Un escenario optimista situaría a aprobación definitiva a finais do ano 2013, claro está, sempre e cando non se produzan atrancos na tramitación de todo o proceso, a saber: retraso na elaboración dalgún dos informes correspondentes ás administracións sectoriais, discrepancias coa administración competente na materia de urbanismo, etc.", explica Bieito González, quen considera que "o futuro PXOM debe contribuír a reforzar a estrutura social e económica de Noia en aras de manter a hexemonía no contexto xeográfico da Ría. Para isto o Plan Xeral definirá un modelo territorial capaz de canlizar o desenvolvemento e as inversións baseándose nun proxecto onde os recursos se utilicen de xeito responsable e respetuoso co medio xeográfico e o territorio asuma as funcións que lle son propias, segundo aos seus valores e potencialidades".

Pode que tamén lle interese:




Concerto: este domingo 30, a Banda de Lousame na igrexa de San Martiño homenaxea a Prudencio Romo
Exposición de escultura: Fran Lareo no Liceo ata o 30 de novembro


Exposición: Ata o 31 de outubro, "Rosalía sempre viva"


Parlamento: o Bng pregunta pola desfeita de Taramancos


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical