Barbanza, 10 de abril de 2010. O vindeiro
17 de abril terá lugar un grande festival de música contra o decretazo no
recinto feiral de Pontevedra a partires das
19.30.
Este festival contará coa presenza de:
Berrogüetto, Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, A Quenlla, García MC, Lamatumbá, Espido, Asociación de Gaiteiros Galegos, Ruxe Ruxe, Galegoz, Zurrumalla, Os Carunchos, Fía na Roca, Os tres trebóns, Uxía Senlle, Roi Casal e Tino Baz.
Coa organización deste festival a plataforma cidadá Queremos Galego pretende ademais de dotar dun contido lúdico á ampla mobilización social polo noso idioma, mostrar a cultura galega tal e como é: rica, plural e activa. Xa que logo este festival é un acto de reivindicación da nosa lingua e cultura fronte á regresión de dereitos e a eliminación da súa oficialidade que está a impulsar o goberno da Xunta de Galicia.
Ademais de mercar a túa entrada on-line, podes consultar na nosa web os puntos de venda nas diferentes comarcas e localidades do noso país.
Venda de entradas na Barbanza:
Ribeira: 638 070 867 Xosé A.V. Cobas.
Pobra : 699 116 776 Manel Casal.
Boiro : 676 492 485 Daniel Ermo (e Local Aturuxo)
Rianxo: 650 979 182 Adolfo Muiños.
O prezo de venda anticipada é de 10€ e na billeteira de 12€.
No hay comentarios:
Publicar un comentario