O tema central do obradoiro do martes será a alimentación
Boiro, 10 de abril de 2010. O vindeiro martes 13 de abril de 9.35 a 10.30 horas catro alumnos da Aula de Educación de Adultos comezarán a impartir a primeira sesión dun Obradoiro de Habilidades domésticas dirixido a rapaces de 1º de Bachiller. O tema central será ese día a Alimentación.
O obradoiro comprenderá os días 13, 20 e 27 de abril, e impartiránse tres bloques: alimentación, limpeza e corresponsabilidade nas tarefas do fogar e economía doméstica. As persoas maiores explicaranlles aos adolescentes cousas que se facían na súa xuventude en relación aos temas a traballar, infórmanos Lorena Romero, coordinadora da Aula de Educación de Adultos do Concello de Boiro.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario