Autovía ao seu paso por Rianxo, dende a estación arqueolóxica de O Pelotiño
Rianxo, 10 de abril de 2010. O BNG de Rianxo amosa a súa satisfacción por ver a operarios de SACYR traballar na limpeza e retirada do material de obra amoreado no tramo en desuso en Laxido-Asados, tras a publicación desta nota de prensa de marzo. Agarda que non só cumpran coa retirada dos restos de material e procedan posteriormente a recuperar a contorna xeral dos tramos da autovía que ficaron fóra de uso, especialmente eliminar o dobre viaduto. Mais por algo tiñan que comezar.
O BNG de Rianxo demanda obras no vial do Laxido a Asados por parte da concesionaria da autovía barbanzá
Pasados xa mais dun ano da posta en funcionamento da autovía do Barbanza son moitas aínda as actuacións pendentes por parte da concesionaria. É por iso que mediante unha iniciativa plenaria o BNG rianxeiro quere que o executivo esixa a inmediata actuación na zona do Laxido-Barral para eliminar unha ponte fora de uso, o amaño xeral e acondicionamento da zona e a recollida de diferente material plástico de sinalización e de restos de material de obra ciscado polas inmediacións creando unha imaxe de abandono e provisonalidade neste lugar que debe atallarse.
No que atinxe á ponte inutilizada sinalada, salva un talude que quedou fora de uso coas obras do novo trazado e hoxe obriga aos veciños a dar un xiro de 90 graos na estrada atravesando dous túneles seguidos, con escasa visibilidade entre eles, nun vial que comunica o Barral con Asados a nova zona deportiva en Vilas e mesmo a capela de San Pedro. Cremos se debe esixir un proxecto que a elimine a ponte e boa parte do talude e repoña os diferentes viais melllorando esta contorna.
Esta actuación formaría parte dunha obra máis ampla de recuperación ambiental dos tramos que quedaron fora de uso ao variar o trazado da autovía con respecto á antiga vía rápida. Unha tarefa parcialmente iniciada pero que camiña con exasperante lentitude moitas veces a golpe de reclamación veciñal.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario