Dodro, 10 de abril de 2010. O Concello de Dodro será sede do curso "Montaxe e mantemento das instalacións fotovoltaicas". O prazo de inscrición xa está aberto, e prolóngase ata o 30 de abril. O curso foi concedido pola Deputación da Coruña e no Concello esperan que facilite a participación das persoas desempregadas de Dodro "nesta formación que consideramos de interese para a súa futura inserción laboral". Esta actividade formativa ten unha duración de 529 horas, cun tempo estimado de cinco mese e está dirixida a desempregados. Inclúe unha fase de formación práctica que será desenvolvida en diversos centros de traballo relacionados coa materia que se vaia impartir en cada un deles. A formación impartida dende o proxecto denomínase formación profesional ocupacional, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. O proxecto pon a disposición de todas as persoas que participen no curso un Servizo de Asesoramento Laboral onde a Axente de Inserción Laboral prestará unha titorización individualizada e un seguimento persoalizado. Bolsas económicas Importe de 369,07 € / mes compatibles coas axudas ao desemprego sempre que no sumatorio non superen o 75 % do IPREM. As persoas empadroadas no municipio teñen tamén a opción de solicitar a inscrición da acción formativa “Panadería e Bolería”, de 489 horas de duración, que se impartirá dentro do Proxecto Rede Xiana no concello de Rois. |
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario