O Día Internacional do Libro conmemora o nacemento (2 de abril) de Andersen
A biblioteca do CEP Brea Segade de Taragoña celebra o Día Internacional do Libro Infantil con diferentes actos Rianxo, 10 de abril de 2010. A biblioteca do CEP Brea Segade de Taragoña celebrará o vindeiro luns 12 de abril o Día Internacional do Libro Infantil, que conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen (foi o 2 de abril, pero como caeu en Semana Santa, adiouse). A Biblioteca Brea Segade súmase á iniciativa promovida pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) que pretenden espallar entre os nenos e nenas a importancia da lectura e difundir o manifesto e cartel que cada ano se elaboran desde un país diferente para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil. Un libro espera por ti, búscao! é o lema que este ano convida a rapaces e rapazas de todo o mundo a adentrarse na lectura.Ás doce da mañá un grupo de alumnos e alumnas do centro lerán o manifesto a favor da lectura do escritor español ELIACER CANSINO, que será lido á mesma hora en bibliotecas, librerías e centros de ensino de todo o mundo. NOEMÍ VILLAMUZA é a ilustradora española que deseñou o cartel que luce desde hai semanas en bibliotecas e librerías. Tras a lectura do manifesto chegará o momento dos contos. No patio da escola os alumnos maoires pasarán a ser “madriñas e padriños lectores” e lle contaran contos aos máis pequenos do Brea Segade, que por un día serán os seus “afillados lectores”. Os actos de celebración do Día Internacional do Libro Infantil constitúen o punto de partida da programación de actividades Abril mes dos Libros que a Biblioteca Brea Segade desenvolverá ao longo deste mes.
Webs relacionadas:
http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php
http://www.oepli.org
http://www.ibby.org/index.php?id=266&L=3
http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php
http://www.oepli.org
http://www.ibby.org/index.php?id=266&L=3
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario