22.2.10

Industria: piden que se retome a construción do macropolígono empresarial entre Ribeira e A Pobra


Ribeira- A Pobra do Caramiñal, 22 febreiro de 2010. A deputada do BNG, Ana Pontón presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta de Galicia reactive a dotación de solo empresarial na comarca do Barbanza a través do macropolígono proxectado nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

 

A deputada nacionalista lembra que esta dotación de solo empresarial “viuse amplamente impulsada na pasada lexislatura,” coa construción dun polígono comarcal nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, cunha superficie de máis de un millón de metros cadrados e un investimento global de máis de 32 millóns de euros.

 

Asemade, o proxecto do Parque Empresarial do Barbanza foi declarado de “incidencia supramunicipal polo Goberno galego a principios do mes de setembro do 2008, coa construción de naves modulares para o pequeno empresariado a prezos e condicións razoábeis así como naves con alugueiros a 10 anos e con opción a compra.

 

Sen embargo, -afirma a deputada do BNG-“ desde a chegada do PP á Xunta de Galicia, non se realizou nin un só trámite para seguir adiante con este polígono  e despois dun ano das elecións advírtese unha total parálise do proxecto”.

 

Ana Pontón reclama nesta iniciativa o impulso urxente na construción do macropolígono que posibilitará a instalacións de novas actividades tan necesaria neste momento de crise económica.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical