Prohibicións: Artigo 10 r) Realizar calquera clase de pintadas e inscricións, tanto na vía pública como sobre o mobiliario urbano ou sobre muros, paredes de edificios, fachadas, estatuas, monumentos e, en xeral, calquera elemento integrante da cidade. Exceptuaranse os graffitis realizados naqueles lugares que se poidan habilitar expresamente a tal fin.
Noia, 22 de febreiro de 2010. Segundo o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, "O Concello está a traballar no novo regulamento de limpeza viaria. Deixo aquí o documento por se alguén quere aportar suxerencias. (nos comentarios desta entrada no seu blog, aquí). Basicamente recolle dous aspectos: a suba das multas por infracións, que ata agora eran ridículas, xa que valía moito máis a tramitación que a propia multa (por exemplo mexar na rúa tiña unha multa de 6 euros), e o outro gran cambio é que permite que estas multas se paguen con traballos para a comunidade".O artigo 24 recolle que calquera poderá formular denuncias por condutas contra esta ordenanza e no 27 apúntanse os requisitos para facer os traballos en favor da comunidade no canto de pagar multa. O principal é que debe ser por vontade propia. No artigo 32 recóllense as sancións, que irán dende os 50 euros para as leves ata os 3.000 euros para as moi graves. Se o cálculo que se fai para substituír as multas por traballos á comunidade é de pagar 11 euros por día (xornada de cinco horas), sería necesario traballar case cinco días a prol da comunidade para non ter que pagar os 50 euros mínimos das multas. Convertirase Noia nunha Suiza galega? Denunciaranse os veciños uns a outros ao pillarse cuspindo ou sacudindo as alfombras na vía pública? Deixarán os túzaros de facer pintadas por todos lados? Non tardaremos moito en contárllelo...

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario