Noia, 23 de febreiro de 2010. A Concellería de Sanidade do Concello de Noia, dirixida pola Concelleira Rosa Ana Mariño González, informa que se vai levar a cabo un obradoiro de cociña de supervivencia para xente nova no Concello de Noia, en colaboración coa Deputación da Coruña.
O devandito obradoiro vai encamiñado a aprenderlle aos mozos cociña básica para elaborar pratos doados que lles poidan servir para aumentar a súa autonomía. Está dirixido a mozos de ambos os dous sexos e terá lugar nas instalacións da Casa da Agra, na Praza do Tapal. Comzarán este sábado 27 de febreiro de 12:00 a 14:00 h. e continuará o 6 de marzo e o 13 de marzo á mesma hora. Os mozos interesados pódense anotar no teléfono 609.82.31.34 (atende David Saavedra Pino, técnico de Prevención de Drogodependencias) ou no mail: infodrogas@gmail.com
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario