Boiro, 3 de maio de 2011. Os socialistas de Boiro presentaron a iniciativa “DEMOCRATIZACIÓN DIXITAL DE BOIRO” onte luns, 2 de maio, no Centro Social de Boiro. Trátase de achegar Internet a todas as parroquias do concello boirense, o cal se inclúe como proposta no programa electoral presentado pola agrupación socialista para as vindeiras eleccións do 22 de maio.
O acto foi presentado polo candidato socialista á alcaldía de Boiro, Juán Jesús Ares, e a exposición da iniciativa correu a cargo do Secretario de organización do PsdeG-Psoe de Boiro, Jorge Campaña. Na súa presentación, Ares afirmou que “Vivimos nun mundo en plena transformación onde o acceso as fontes de información dixital resulta vital para o desenvolvemento social dos individuos. A información, máis ca nunca, é a vía de acceso á igualdade de oportunidades que propugna o modelo socialista de sociedade de benestar.” Ares destacou asemade que actualmente a educación, o lecer, a comunicación e as oportunidades de negocio están empregando como canle Internet, e que Boiro "non pode nin debe quedar relegado neste periodo fundamental de transición cara á sociedade global. A iniciativa "DEMOCRATIZACIÓN DIXITAL DE BOIRO" enmárcase dentro dun amplo proxecto de modernización e dinamización social promovido polos socialistas de Boiro no seu programa "Construíndo o Boiro das persoas". Segundo espuxo Jorge Campaña, "o eixo da iniciativa consiste na promoción e implantación xeneralizada do acceso ás novas tecnoloxías da comunicación mediante a instalación de Wimax (tecnoloxía inalámbrica de banda ancha para grandes zonas) en todas as parroquias de Boiro, e preferentemente nas parroquias rurais e do extrarradio que actualmente carecen de acceso a banda ancha de calidade. O obxectivo da iniciativa é implementar vías de acceso a internet barato e de calidade para toda a población boirense, independentemente da súa ubicación no mapa, o que representará
un gran avance e un salto cualitativo cara á universalización dixital do noso concello e á entrada de Boiro na era da comunicación global".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario