A Praza Alcalde Segundo Durán presenta unha pavimentación composta por lousas de granito pulido e pezas cerámicas que debido á súa antigüidade e mal estado fan que non reúnan as condicións axeitadas para unha das zonas de maior afluencia de veciños da vila.
Por outra banda, unha das travesías que vai da rúa Castelo á rúa Díaz de Rábago presenta un pavimento de formigón moi deteriorado polo paso do tempo e polas obras de vivendas realizadas ao seu carón nos últimos anos, polo cal tampouco reúne as condicións axeitadas para unha rúa do casco histórico.
As obras que se pretenden levar a cabo serán a demolición do pavimento actual tanto na praza coma na travesía rebaixando a cota do terreo ata a profundidade suficiente para a execución do novo pavimento substituíndoo por lousas de granito de 10 cm de espesor na Praza Alcalde Segundo Durán e de 6 cm na travesía do Castelo, ámbalas dúas sobre unha soleira de formigón existente, tratada previamente. Asemade, colocarase unha luminaria na travesía do Castelo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario