20.8.12

Noia: o Concello advirte á veciñanza que hai que pedir licenza para calquera movemento de terras

  • O goberno local detectou que moitos veciños están a pedir á empresa que fai a variante que lles proporcione materiais de recheo para arranxar predios en solos rústicos e urbanos
  • O Concello advirte que non se deben alterar os espazos comprendidos no solo rústico e que hai que pedir licenza para calquera actuación que signifique movemento de terras, sexa cal sexa o solo no que se actúe

Media_httpfarm7static_gzfij

As obras da variante noiesa supoñen enormes movementos de terra e recheos na ría

 

Noia, 20 de agosto de 2012. Segundo informa hoxe o concelleiro de Urbanismo e alcalde en funcións, Bieito González, "a semana pasada, o Goberno Local de Noia, a través deste concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Solo, mantivo un encontro de traballo coa empresa que está a construír a estrada variante de poboación, a fin de manter un cambio de impresións no relativo ás noticias chegadas a dita concellería de que un número indeterminado de propietarios e veciños estaban a demandar da mesma, material sobrante de desmonte e explanación para utilizar de recheo nas propiedades particulares".

 

Bieito González sinala que nos últimos anos "volveuse unha práctica habitual entre a veciñanza o de aproveitar a realización das obras públicas, sobre todo aquelas que levan aparelladas grandes movementos de terras, para utilizar logo de recheo nas fincas e parcelas particulares o material sobrante".

 

Á citada xuntanza acudiron os representas da empresa "Puentes y Calzadas Infraestructuras", empresa que se encarga da construción da citada obra, tamén representantes de "Enmacosa", encargada da asistencia técnica da mesma así como persoal técnico adscrito á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galiza. No transcurso da xunta o Concello lembroulle aos asistentes que, ante as posibles peticións desta natureza, lle informen aos solicitantes que teñen que contar coa preceptiva licenza municipal. Por parte dos responsables de "Puentes y Calzadas", informaron ao concello que xa desbotaron algunha petición de veciños e propietarios por non contar coa autorización das administracións sectoriais competentes, nomeadamente Costas e Medio Ambiente, e comprometéndose a non atender ningunha das posibles peticións que lle cheguen.

 

O concelleiro de Urbanismo noiés lembra que a actual lei do solo "prohíbe expresamente, en solo rústico, a apertura de camiños e movementos de terras, agás que estean contemplados nos distintos instrumentos de ordenación urbanísticos ou autorizados pola Administración galega, segundo detalla a citada lei; sendo tamén de obrigado cumprimento a necesidade de previa licenza municipal para calquera actuación que leve aparellado movemento de terras, con independencia do tipo de solo do que se trate".


Pode que tamén lle interese:


San Bartolomeu 2012: do xoves 23 ao domingo 26 de agosto


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical