10.1.13

Mar: o Bng pide axudas para o sector marisqueiro polos recentes danos das choivas

  • O Bng sinala a masiva mortandade de berberecho na ría de Arousa nesta tempada de marisqueo como un dos motivos para estas axudas


Barbanza-Noia, 10 de xaneiro de 2013.- A deputada do BNG, Montse Prado, vén de instar ao goberno da Xunta a que articule medidas para paliar os danos ocasionados polas últimas choivas no sector marisqueiro, entre outros nos bancos de Arcade, inda que tamén está afectada de xeito importante a ría de Arousa e a de Muros e Noia. Nesta última, a escaseza de berberecho e ameixa é tal que a confraría noiesa decidiu suspender a campaña marisqueira de extracción ata o 11 de febreiro. 

Prado rexistrou unha batería de iniciativas alertando dos danos sofridos no sector e do impacto económico que vai ter sobre o mesmo, de ahí a necesidade de articular axudas canto antes e outras medidas “que eviten maiores prexuízos a un colectivo que xa se atopa nunha situación difícil”.

Neste sentido, a deputada do BNG explica que este impacto económico é obxectivo, porque o actual contexto é de prezos moi baixos en primeira venda, unha masiva mortandade de berberecho na ría de Arousa, a prohibición de extracción de reló e a posibilidade real de desaparición da cría, entre outros factores.

“E este escenario coincidiu –engade a parlamentar- co pico de nadal, un momento comercial no que se esperaban uns ingresos que podían paliar en certo sentido o panorama estructural descrito”. 

Avaliou a Xunta os danos? Tivo en conta a apertura de comportas de encoros?

Montse Prado quer saber, en consecuencia, que avaliación fai na Consellería dos danos das últimas choivas, cales son os bancos máis afectados e se esta situación vai afectar a campañas vindeiras.

Asemade, a deputada pregunta que control, en colaboración coas entidades do sector marisqueiro, se establece nos casos de apertura de comportas de encoros, que nalgúns casos, pola súa falla de planificación, contribuiron á diminución da salinididade nas rías pola achega de auga doce. 






POC_danos choiva_sector marisqueiro.pdf Download this file

PRE_danos_Choiva_marisco.pdf Download this file

PRE_danos_marisqueiro_Arcade.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical