- A Asociación Cultural Borobó organiza o festival benéfico en colaboración con Cáritas
- A Banda de Música Municipal de Boiro e o estudio de ballet Va’Lontano serán os que actúen
- Xa se pode comezar coas doazóns
Boiro: "Emily on the road", o poemario de Ramón Blanco, preséntase este venres 30. Logo toca Mr. Woolf post.ly/9s4xS vía
— Certo (@Certo) November 28, 2012
Boiro, 30 de novembro -Santo André de Cures- de 2012. A Asociación Cultural Borobó ven de presentar o festival benéfico “Solidariedade X Música” que terá lugar o sábado 15 de decembro no Salón de Actos da Casa da Cultura de Boiro, a partir das sete e media da tarde, no que levará a cabo un concerto da Banda de Música Municipal de Boiro e unha actuación de teatro musical do
estudio de ballet Va’Lontano, de O Grove.
A finalidade é recadar distinto tipo de material e enseres para axudar ás numerosas familias boirenses que se encontran nunha difícil situación como consecuencia das circunstancias económicas actuais. Con este evento, o colectivo cultural fai efectiva unha colaboración con Cáritas Boiro quen será a encargada de levar a cabo o reparto do material donado recaudando dende
alimentos non perecedeiros, roupa (especialmente de abrigo), material escolar e xoguetes (que non teñen por que ser novos, pero que se atopen en bo estado). As doazóns pódense facer dende hoxe mesmo no local de Cáritas Boiro, situado na rúa Principal nº 24 (antigo comercio Xefa) —conseguindo a cambio entradas para o festival— ou ben no mesmo día do evento na Casa da Cultura.
A Presidenta de Borobó, Silvia García Mirón, quixo solicitar “a axuda de tódolos boirenses para mellorar nestas datas a situación de moitas familias do municipio que precisan dende alimentos básicos como leite ata algún xoguete para poder facer felices aos máis pequenos do fogar, polo que entre todos, aportando cada un o seu gran de area, podemos construir unha gran montaña de axuda solidaria”. Dende o colectivo incideron no seu interese en organizar iniciativas de carácter solidario, non só en momentos puntuais que así o precisen, tal e como fixeron coa organización do “Concerto Solidario por Haití” senón tamén ao traverso da colaboración con outras entidades que exercen de xestoras de axuda á sociedade, como foron as colaboracións con Ámbar e Amicos co concerto “Capaces” ou coa ONGD Contacto nas dúas edicións previas de “Xoguetes por Música”.
Ribeira: "Renacer" informa este venres, 30 de novembro, e sábado, 1 de decembro, sobre a Sida post.ly/9sTQP Engadimos o de Ámbar hoxe Boiro: o Slam Arousa, na Pousada das Ánimas, na ponte de decembro post.ly/9se7h
Solidaridade en Ribeira: o partido deste domingo 2, para Cáritas. Colabora en metálico ou especie!
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario