29.11.11

Política: o Psoe desvela máis irregularidades co emprego público, desta volta en Turgalicia

  • Lage Tuñas asegura que vulneraron "gravemente a Lofaxga ao nomear os tribunais por parte da máxima directiva de Turgalicia e non por parte da Dirección Xeral da Función Pública" 
  • O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE recordou hoxe que “convocaron unha praza para titulados superiores e soprendentemente só se esixe o coñecemento de dez temas, cando para prazas do mesmo nivel na administracción autonómica se solicitan entre 70 e 80 temas”.
  • ”Mentres nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios, neste caso faise só unha simple proba teórica-práctica sen máis específicar.” 
  • Lage Tuñas engade que “nas bases non se observa que se estableza ningunha garantía para asegurar o anonimato dos opositores nin garantía de que o exame, ese “suposto teóríco-práctico” non se vaia filtrar.”

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2011. O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista José Manuel Lage esixiu hoxe á Xunta, na Comisión 1ª do Parlamento, que “non se vulnere a LOFAXGA, e se rectifique a política de acceso ao emprego público que está realizando o actual goberno galego”.

Mediante unha pregunta parlamentaria, o deputado socialista interesouse pola convocatoria dunha praza de xefe de área de xestión económica e persoal de Turgalicia, con carácter indefinido para a referida sociedade.

Lage Tuñas explicou hoxe que “da análise da convocatoria despréndese que non se cumpre o artigo 58 da Lei 16/2010, do 17 de decembro de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia”.

O deputado do PSdeG engade que “o artigo 58 mencionado, establece que a selección do seu persoal, agás o directivo e demais excepcións previstas nesta lei, será realizada polo centro directivo competente en materia de función pública e seranlle aplicables as disposicións da lexislación galega sobre emprego público relativas a:
a) Composición e funcionamento dos tribunais ou das comisións de selección.b) Bases das convocatorias, ec) Probas de selección.”


Lage Tuñas sostivo que “debería ser logo a Dirección Xeral de Función Pública a que realizara a selección para cubrir esta praza ao non tratarse dun posto directivo e non a propia sociedade. Incúmprense polo tanto o artigo 58 da referida lei.”


O Portavoz da Área Institucional do PSdeG-PSOE recordou hoxe que “convocaron unha praza para titulados superiores e soprendentemente só se esixe o coñecemento de dez temas, cando para prazas do mesmo nivel na administracción autonómica se solicitan entre 70 e 80 temas”.

Mentres nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios, neste caso faise só unha simple proba teórica-práctica sen máis específicar.”

Lage Tuñas engade que “nas bases non se observa que se estableza ningunha garantía para asegurar o anonimato dos opositores nin garantía de que o exame, ese “suposto teóríco-práctico” non se vaia filtrar.”

Os socialistas galegos constatan que “dende a chegada de Alberto Núñez Feijóo á presidencia da Xunta de Galicia a existencia de continuas anomalías e irregularidades na función pública é habitual, sin que se pare esta sangría”

Lage TuñaS engade que “algo cheira mal, xa que é unha convocatoria para unha praza de persoal indefinido que se preve resolver con unha simple proba teórico-práctica, cando nas probas selectivas do grupo I de persoal laboral ou do grupo A de funcionarios se fan 3 ou 4 exercicios. Esto cheira mal insisto”.


Estamos diante dunha convocatoria que recorda as peores prácticas clientelares e caciquís que xa se producen nas Deputacións provinciais de Pontevedra e Ourense, son as mesmas prácticas na Xunta de Galicia que nas Deputacións Provinciais de pontevedra e Ourense”, expón Lage Tuñas, que engade que "porque se chamativas son as bases e o proceso de teórica oposición para esta praza, o que xa é indefendible é o previsto para a suposta fase de concurso, onde non se especifica en que categoría se valora a experiencia, e onde se valora máis a experiencia en sociedades públicas que na propia administración, e onde se dispón que se valora a experiencia ante a AEAT, pero non na propia AEAT (Axencia Tributaria do Estado).”

“Os tribunais ou comisións de seleccións deben ser nomeados polo Director Xeral de Función Pública, e non pola conselleira-delegada de TURGALICIA, como se establece nas bases desta convocatoria, que por outra banda vulnera o artigo 58 da Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración Xeral e do Sector Público Autonómico de Galicia”, explica José Manuel Lage.

Lage Tuñas defendeu, na súa intervención, a necesidade de “respectar as leis”, e denunciou que dende a chegada de Feijoo á Xunta de Galicia “os procesos selectivos de acceso ao emprego público estanse vendo enturbados por malas prácticas por parte dos novos xestores da administración pública galega”.

Lembrou que “casos como o do SERGAS, onde un opositor chegou a corrrexirse él mesmo o seu propio exame, puxeron na picota ao goberno galego en materia de función pública”.

Lage_tuas-ano_2011

Turgalicia-Función Pública-convocatoria dunha praza de persoal con carácter indefinido-2011.pdf Download this file

64421-INT Convocatoria prazas persoal indefinido en Turgalicia.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical