29.11.11

Ribeira: o Concello homenaxea a Frinsa no seu medio século de vida cunha escultura onde naceu

  • Ramiro Carregal e Manuel Ruiz descubriron o monumento 


Ribeira, 29 de novembro de 2011.- Ribeira viviu no mediodía de hoxe un acto multitudinario na praza de España, co descubrimento dunha escultura conmemorativa coa que o Concello quere honrar o medio século de traxectoria da empresa Frinsa no mesmo lugar  que veu nacer a esta conserveira hai xusto 50 anos. 

O alcalde, Manuel Ruiz Rivas; o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal Rey; autoridades, traballadores da empresa e cidadáns en xeral acudiron a un evento que comezou coa interpretación por parte do profesor de violonchelo do conservatorio de música local, Ángel Blanco, do preludio da suite para violonchelo nº1 en sol maior, BWV 1007 de Bach. 

Acto seguido, subiu ao estrado o autor da escultura, o malpicán Miguel Couto quen describiu a súa creación (dúas mulleres sostendo un cesto de peixe), para a continuación intervir o alcalde, quen destacou que “o pasado, o presente e o futuro de Riveira non se entende sen o mar, pero tampouco se entende sen Frinsa”. A este respecto, destacou o mérito dunha empresa que aposta firmemente por Riveira, “a pesares de que nin o produto co que traballa é de aquí nin tampouco o vende aquí”. 

Pola súa parte, Ramiro Carregal Rey, tras narrar as orixes e a traxectoria de Frinsa, afirmou que a familia Carregal Varela non deslocalizará a súas factorías no estranxeiro como teñen feito outras industrias do ramo, senón que apostará pola innovación tecnolóxica. 

Despois de que o rexedor lle entregara a este unha reprodución en pequena escala da escultura e un diploma, chegou o turno de descubrir a figura, de máis de 3 metros de altura e fabricada en bronce á cera perdida.  

Para finalizar, a Coral Polifónica, dirixida por Enrique Paisal, cantou diversos temas e o colofón foi o himno galego.

Relacionadas:


Ribeira: Grelo de Ouro para o presidente de Frinsa, Ramiro Carregal



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical