Trátase de Martín Castro Tubío, de 13 anos. Ofrece mañá venres unha audición no salón de actos do conservatorio, como preparación para o certame
Martín Castro Tubío en acción, interpretando o Estudio nº 14 de W. FerlingRibeira, 3 de febreiro de 2011.- O Concello informa de que durante esta fin de semana vai ter lugar no Conservatorio Profesional de Música de Vigo o prestixioso concurso David Rusell e que en dito certame vai participar un alumno do Conservatorio Profesional de Música ribeirense. Trátase do alumno de saxofón Martín Castro Tubío, de 13 anos, que cursa o primeiro curso do grao profesional no centro local. Para preparar a súa actuación neste importante concurso (no que actuará o sábado día 5, ás 19.30 horas), o alumno ofrecerá mañá venres, ás 19.45 horas no salón de actos do conservatorio, unha pequena audición coas obras que presentará: Sonata Nº 4 de J. S. Bach e a Sarabande et Allegro de Grabriel Grovlev. Tanto na audición de mañá como no concurso do sábado, Martín estará acompañado ao piano polo profesor Luis Ignacio Blanco Picos, profesor de piano no conservatorio local.
David Rusell vive en Nigrán e ten adicada unha sala no conservatorio de Vigo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario