Porto de Rianxo... un día destes teremos foto do de Taragoña, non perdan a esperanza
O Bng de Rianxo insistirá diante da falta de resposta da Xunta a atender as súas eivas e o perigo de que desapareza a partida orzamentaria comprometida
Rianxo, 7 de abril de 2010. O grupo municipal do BNG leva varios meses a través dos parlamentarios Ana Pontón e Bieito Lobeira agardando a resposta de Portos de Galicia perante os incumprimentos do Goberno da Xunta coa parroquia de Taragoña en Rianxo. No que atinxe ao porto de Taragoña non se actuou ao longo destes últimos anos malia contar cunha partida orzamentaria para acondicionar a zona portuaria, asfaltar o dique, hoxe con gravilla, e mellorar as instalacións para as mariscadoras que traballan na zona, dependentes da Confraría Rianxeira. A través dunha pregunta parlamentaria datada en xuño do 2009 se requiría novamente este compromiso. Un ano despois Portos de Galicia continúa esquecéndose desta instalación.
Reclámase xa que logo se acometa alomenos o investimento do orzamento asignado, con independencia se poidan realizar outras actuacións futuras que complementen e doten duns servizos ao porto que hoxe non se teñen.
Peor aínda: se nos anos anteriores figuraba explicitamente unha partida de 300.000 euros para financiar esta actuación, cos orzamentos en curso do 2010 desapareceu e incluso tivo que ser obxecto dunha emenda do BNG solicitando a súa concreción e non diluirse en partidas xenéricas que acaban destinándose a outros portos.
O tempo vai pasando e vemos como a Xunta anuncia outras obras menores e os responsábeis de Mar e Portos veñen de visita constante ao muncipio pero non traen debaixo do brazo o cumprimento dos orzamentos, o que se lle debe esixir a unha administración. O BNG presentará ao Concello tamén unha moción neste senso para que apoie esta demanda xusta e optimice as instalacións taragoñesas.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario