30.8.12

Ribeira: a entrega de diplomas marca o remate dos obradoiros de verán

  •  Os de Xoga con Nós despedíronse cunha xornada multixogos
  • A concelleira de Cultura, Elvira Pisos, entregou os diplomas de fin de curso aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Foto Dixital

 

Ribeira, 30 de agosto de 2012.- A concelleira de Cultura Elvira Pisos entregou uns diplomas e uns agasallos (unha bolsa con chucharías e unhas pás de praia) aos 15 participantes dos obradoiros de Inforxogos e Fotografía Dixital que se enmarcaban dentro do programa Verán Cultural.

 

O obxectivo dos cursos foi proporcionar aos pequenos coñecementos informáticos nun ambiente lúdico e de divertimento, a través de dinámicas de xogo e participación activa. Segundo salientou a edil “son os propios rapaces o que lles piden aos pais que lles leven aos obradoiros, xa que están entretidos, xogan cos seus compañeiros e aprenden dunha forma amena.”

 

Espérase que os próximos cursos que se fagan sexan no Nadal mentres os rapaces están de vacacións, co fin de facilitar ós pais a conciliación laboral e familiar.

 

Xornada Multixogos

Por outro lado, os nenos do obradoiro Xoga con Nós despediron hoxe nos colexios de Frións e Aguiño, o verán da mellor forma posible: divertíndose ao máximo.

 

Os responsables do curso, que se levou a cabo durante os meses de xullo e agosto, quixeron que os rapaces quedaran con bo sabor de boca, polo que organizaron unha Xornada Multixogos e unha merendiña con chuches. 

 

Ao longo da mañá, realizáronse as actividades que máis éxito tiveron entre os miúdos, como xogar cun paracaídas, circuítos de obstáculos e a diana de lanzamento.






 

Ademais, practicaron os bailes que van realizar mañá no festival de despedida dos obradoiros do Verán Cultural, que terá lugar no auditorio de Riveira ás 12 horas e onde se lles entregará uns diplomas por teren participado no curso.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical