17.12.10

Ribeira: recepción no Concello ao equipo local de taekwondo, que marca un novo fito ao proclamarse campión de España de Clubs por cuarto ano consecutivo

Ribeira, 17 de decembro de 2010. O alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, en compaña do edil de Deportes Miguel Ángel Vidal Tomé, recibiu hoxe na Casa Consistorial a unha nutrida representación do Natural Biomeganutrición Riveira tras proclamarse a pasada fin de semana Campión de España de Clubs en Alfaz del Pi, en Alicante.

O Natural Sport,  dirixido por Juan Luis Martínez Queiruga, quedou campión por cuarto ano consecutivo, sendo a primeira vez que un club español acada semellante fazaña na historia do certame. Ademais, o club resultou campión nas categorías senior, junior e cadete masculino, e segundo en senior feminino. 

Os deportistas que acudiron ao Salón de Plenos da Casa Consistorial foron: 

Na categoría ABSOLUTA: 
- ESTEFANÍA HERNÁNDEZ (CAMPIONA DE EUROPA) 
- LARA OUVIÑA (CAMPIONA DE ESPAÑA) 
- PABLO CAROU (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ÁNGEL PARADA (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- RAUL BOUZAS (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ÁLEX VIDAL (SUB CAMPIÓN PARAMUNDIAL) 
- SUSANA OLIVEIRA 
- JUAN FERNÁNDEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JOSÉ FERNÁNDEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JAVIER SIEIRA (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- SABELA LONJA (SUB CAMPIONA DE ESPAÑA) 
- GERARDO ORTIZ (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- JOSÉ RAMÓN LOUZAO (TERCERO DE ESPAÑA) 
- JUAN RAMÓN MILLARES (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
 
En categoría CADETE: 
- MANUEL PARADA (CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- PEPE VÁZQUEZ (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- SARAI SAMPEDRO (TERCEIRA DE ESPAÑA) 
- TOÑO RAMA (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- IRENE REY 
- UXÍA OLVEIRA 
- CARMEN GÓMEZ 
- AINARA BRIÓN 
 
E na categoría JÚNIOR: 
- CARLOS FRANCISCO MALLO (SUB CAMPIÓN DE ESPAÑA) 
- ISMAEL CASTRO (TERCEIRO DE ESPAÑA) 
- MIGUEL MARTÍNEZ (CAMPIÓN DE ESPAÑA)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical