17.12.10

Lousame: Antón Ageitos, independente, alcaldable polo Bng en 2011

Lousame, 17 de decembro de 2010. Antón Ageitos foi elixido a pasada semana como o cabeza de lista da agrupación nacionalista en Lousame en substitución do actual portavoz municipal, José Manuel Rial.

Ageitos, natural da parroquia de Tállara, non é afiliado ao BNG l"pero leva colaborando coa nosa formación dende hai varios anos, apoiando aos compañeiros desta localidade", explicaron os frentistas. Aseguran que  Antón Ageitos conta "cunha ampla experiencia de traballo en colectivos veciñais de diversa índole. A eleición de Ageitos realizouse por consenso do conxunto da militancia de Lousame e irá acompañado na lista por Sonia Ares".

O obxectivo do BNG, sinalan, "é darlle un novo pulo a acción política da formación no concello de Lousame co obxectivo de recuperar o apoio social obtido hai uns anos e disputarlle a alcaldía ao Partido Popular. Antón Ageitos preséntase a estas eleccións ilusionado pola tarefa que ten por diante e desexoso de compartir cos veciños de Lousame as proposta do BNG para este concello". 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical