Ribeira, 17 de decembro de 2010. A Concellería de Xuventude informa de que o grupo Entrelíneas, gañador no pasado verán do Primeiro Concurso de Grupos de Música Local Concello de Riveira, vai actuar no día de hoxe no CampusFest Galicia University Festival: a maior festa universitaria do 2010 que terá lugar en Galicia, ao esperarse que acudan a este evento (desenvolvido no recinto ferial ExpoCoruña) arredor de 25.000 estudantes procedentes de 91 facultades.
A actuación de Entrelíneas foi posible grazas á proposta dos internautas que votaron pola banda ribeirense no concurso de música convocado a través da páxina web www.campusfest.es.
Cabe lembrar tamén que este grupo actuará o próximo 2 de xaneiro no Auditorio Municipal ás 21.30 horas, dentro do programa de Nadal que organiza o Concello.
MySpace de EntreLíneas:
http://www.myspace.com/entrelineasrock
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario