Relacionada:
Ribeira, 11 de febreiro de 2013. Un total de 23 mulleres e 2 homes tiveron ocasión de participar durante a semana pasada (do 5 ao 8 de febreiro) no Obradoiro de Cociña e Repostería de Entroido que organizou o Concello dentro da programación destas festas.
Ao concluír o curso, a concelleira de Cultura, Elvira Pisos Arnoso, entregou cadanseu diploma aos 25 asistentes á acción formativa, así como á profesora, Ana Domínguez Chouza.
Entre as especialidades aprendidas polos alumnos e alumnas, figuraron pratos tan típicos como cocido, lacón con grelos, resóns, bolos do pote ou carne ao caldeiro, ademais de bolicos doces en prebe de viño tinto quente, rosquillas, filloas, orellas, flores, tarta de queixo, touciño de ceo, cabelo de anxo, tronco de chocolate, flan biscoitado, etc
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario