Palmeira, 11 de febreiro de 2013.- O Concello informa de que xa está en marcha a obra para renovar os servizos da rúa de Pedra da Aiga, na parroquia de Palmeira: unha actuación cuxo importe ascende a 44.740,88 euros e está sendo executada pola empresa Construcciones Pazo de Axeitos, S.L.
A rúa non dispoñía de rede de drenaxe de augas pluviais, razón pola cal en épocas de chuvia era frecuente que se producisen problemas de acumulación en fincas colindantes. O pavimento actual era de formigón.
Pluviais, auga e saneamento
O proxecto elaborado prevé a construción dunha rede para drenaxe de pluviais, ademais da renovación dos servizos de auga potable e saneamento.
A tal efecto, será colocada unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro para o abastecemento de auga potable e outra de PVC corrugado de 315 milímetros para pluviais. En canto a saneamento, instalarase unha tubaxe de PVC liso de 315 milímetros.
Pavimentación
Unha vez rematadas estas accións, a rúa será pavimentada con adoquín de formigón gris combinado con outro de cor vermella, ambos con dimensións de 20x10x8 centímetros.
A rúa contará coa pendente lonxitudinal e transversal suficiente para que a auga superficial sexa conducida ata as arquetas sumidoiro proxectadas. Na liña de pluviais disporanse arquetas cada 20 ou 25 metros.
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: do 15 ao 17 de marzo, viaxe á neve
- Stop Desahucios: Servizos Sociais de Ribeira tamén colabora coa plataforma para axudar ás 17 familias afectadas na cidade
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario