Fernández Moreda e Xosé Deira asinaron onte o convenio de colaboraciónO presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e o alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, asinaron na sede da institución provincial, un convenio para financiar a segunda e terceira fase das obras do centro sociocultural e de usos múltiples da parroquia de Santa María de Castro, en Cabo de Cruz (Boiro), para o que o organismo provincial achegará 800.000 euros. Deste orzamento, 96.813 euros destinaranse á adquisición de mobiliario para o centro.
O edificio está situado no predio ocupado polo antigo mercado municipal de Cabo de Cruz, e conta con soto, planta baixa, e tres alturas, o que supón unha superficie total construída de 4.233 m2.
O centro contará, entre outras, coas seguintes instalacións: salón social, salón de actos, aula de usos múltiples, cafetería, biblioteca, despachos, sala de xuntas e sala de exposicións. Aínda que esta nova infraestrutura sociocultural beneficiará a toda a poboación boirense, prevese que os principais usuarios sexan nenos e adolescentes e maiores de 60 anos.
OBRA: Centro sociocultural e de usos múltiples en Cabo de Cruz (BOIRO)
A nova construción, da que parte unha zona central formando unha “U”, ocupa a totalidade da parcela do antigo mercado. O edificio contará cun gran patio central que permitirá iluminar as distintas estancias, á vez que serve de zona de entrada a nivel de planta primeira, o que simplifica a utilización da zona de exposición e auditorio.
Obras incluídas na segunda e terceira fase:
- División das zonas definidas que non se completaron na primeira fase.
- Acabado dos locais e pavimentos das plantas
- Instalación de electricidade, fontanería, e ventilación.
- Colocación de teitos acristalados no acceso da planta baixa e recepción.
- Antepeito de ladrillo no baixo cuberta, sobre a biblioteca.
- Colocación de varios tramos de varanda e pasamáns en aceiro inoxidable.
- Colocación de portas e acristalamentos interiores.
- Beirarrúas e canalizacións varias
Subministro de mobiliario para a cafetería (mesas, cadeiras e taburetes), mobiliario para a sala da terceira idade (zona de lectura, zona de tv e xogos), mobiliario de oficinas, aulas, despacho, vestiarios e biblioteca. Expositores e bancos para a zona de exposición. Mostrador e armario do gardarroupas. Butacas para o auditorio. (96.813, 58 euros)
DISTRIBUCIÓN DO EDIFICIO
PLANTA SOTO (996,89 m2)InstalaciónsAlmacénsSalas polivalentesAseos
PLANTA BAIXA (869,83 m2)RecepciónZona 3ª IdadeDespachosOficinasCafeteríaAseos
PLANTA PRIMEIRA (806,05 m2)Sala de ExposiciónsAulasOficinaAseos
PLANTA SEGUNDA (679,24 m2)AuditorioAulasVestíbulo-GardarroupaOficina
PLANTA TERCEIRA (574,32 m2)BibliotecaAuditorioVestíbulo
PLANTA BAIXO CUBERTA (307,45 m2)
Despachos
Sala de Xuntas
Alto Biblioteca
Aseos
TOTAL METROS CONSTRUÍDOS 4.233,76 m2.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario