Os socialistas agardan que Ribeira e Boiro conserven os Equipos Municipais de Intervención Rápida (Grumir) e piden que a Xunta non recorte en seguridade
Lage Tuñas en foto de arquivoA Pobra do Caramiñal, 9 de setembro de 2010.- O Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage manifestou hoxe a súa solidariedade cos Grupos Municipais de Intervención Rápida (GRUMIR) de Boiro e Ribeira durante unha comparecencia de prensa en A Pobra do Caramiñal. O PsdeG-PSOE considera “importante o esforzo que faga a FEGAMP por responder ás necesidades dos concellos e atender as reivindicacións que se formulan, pero é fundamental que o conselleiro da Presidencia, o Señor Rueda Valenzuela explique que solución poden dar ás demandas de Boiro e Ribeira”. Lage Tuñas dixo hoxe que “desexo que a Xunta non recorte orzamento nas políticas de seguridade dos veciños da comarca do Barbanza e agardo poida ter solución o problema existente”. Neste sentido o Viceportavoz do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage adiantou que se vai dirixir ao conselleiro da Presidencia, Alfonso Rueda “para solicitarlle que reciba á maior brevidade posible ao alcalde de Ribeira e tamén ao alcalde de Boiro co obxectivo de proporcionarlles unha solución que evite o recorte dos equipos de seguridade, dos Grumires no Barbanza”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario