Segue aberto o prazo para anotarse nesta acción formativa gratuíta
Ribeira, 9 de setembro de 2010.– Os cursos gratuítos de galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ribeira para prepararse co fin de obter os CELGA (certificados de lingua galega) darán comezo o vindeiro luns día 20 de setembro.
Neste sentido, a necesidade de obter unha formación adecuada no idioma galego leva ao Concello de Ribeira a animar a todos os maiores de 16 anos a que participen nestes cursos. Recórdaselles ademais a aquelas persoas que queren revisar e mellorar a súa competencia lingüística, aos que non cursasen estudos de galego na súa formación escolar, aos veciños que non nacesen en Galicia e polo tanto descoñecen o idioma, que tomen boa nota desta convocatoria e utilicen a oportunidade para a súa formación en galego.
O prazo de matrícula segue aberto. Para anotarse ou obter máis información hai que poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística sito no Concello. Os cursos rematarán o día 25 de novembro e celebraranse no Colexio O Grupo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario