17.11.09

Turismo: Ribeira figura (con v) na Guía Turística Internacional do Eixo Atlántico

Cen mil exemplares en papel. A maiores, vostede pode descargala (42 megas en pdf) premendo aquí. Esta guía de 120 páxinas en tres idiomas vai ser distribuída a nivel internacional e chegará ata Bruxelas. Madrid, Barcelona e as oficinas de turismo de Galicia e Norte de Portugal.

Promociona o Xacobeo 2010 (o Camiño de Santiago en termos xerais) e inclúe roteiros diversos, incluso o Camiño Portugués da Costa, que se asemella na súa parte final ao Marítimo de Arousa (o ano pasado falámoslle dun libro relacionado, aquí). Por suposto, tamén sae Vilagarcía de Arousa e a Ría de Arousa. Agardamos que traia moitos turistas e interese a moita xente.

En canto ao de Riveira con v, o concello galego barbanzán é o único que vai contracorrente con este topónimo. Iso si, en Google se buscas Ribeira a secas, o primeiro que sae é a web do Concello, con V. Nin unha soa páxina máis, nin galega (Ribeira Sacra) nin portuguesa (Ribeira Grande) nin brasileira (Ribeira do Pombal, por poñer unha das numerosas) sae con v.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical